Onte foi o meu primeiro acuatlón, tivo lugar na Cidade de Lugo. Nadamos no río Miño e aínda que a auga estaba un pouco fría, agradecíase porque facía moito calor, nin máis nin menos que 30ºC.
Para os que non saibades o que é un acuatlón, decirvos que consiste en nadar en río ou mar e logo carreira a pé. Na miña categoría, infantil, nadamos 400mts e corremos 2km.
Estou satisfeito co meu traballo, primeira vez que nado en río, e nada menos que nadar no Miño, que gusto. Houbo unha parte na que me puxen moi nervioso porque non me entraban os zapatos, pero conseguín poñelos e adiantei algúns postos.
Algo que aprendín no día de onte, e que vos deixo de consello. As cousas hainas que facer con calma e seguridade, as presas so levan a que nos poñamos nerviosos e que non nos saian as cousas. Por iso na próxima competición, na transición de auga a carreira a pé, tomarei aire e poñerei o calzado sen presa pero sen pausa e así seguro que non perdo tantos postos e terei opción na carreira.

Ningún comentario:
Publicar un comentario