Deportes
Javi Gómez Noya deixa o triatlón de forma definitiva
Javier Gómez Noya ten que deixar o deporte por prescripción médica
Javier Gómez Noya, triatleta de elite galego, campión olímpico en 2016 e campión do mundo en 2010, 2014 e en 2018, deixa definitivamente o deporte tras ser diagnosticado dunha grave lesión cardíaca.
Onte Javier Gómez Noya, participou en Baiona no triatlón galego clasificatorio para o triatlón de España, onde participaban 341 triatletas, e esperábase que Javier acadase un novo record mundial.
Fixo unha saída fenomenal da auga, unha primeira transición perfecta; na segunda transición de bicicleta a carreira a pé ninguén advertiu o que ía ocorrer dez minutos máis tarde. Transcorridos dez minutos dende o comezo da carreira, Javier Gómez Noya desplomouse e perdeu o coñecemento.
A organización foi moi rápida, tras unha avaliación inicial do 061, Javier Gómez Noya foi trasladado en helicóptero ao Hospital Xeral de Vigo. Alí un equipo médico esperaba ao helicóptero para intervir ao deportista.
Despois dunha longa intervención e de duras probas, o informe médico revela que o deportista padece unha lesión cardíaca irreversible, polo que debe deixar o deporte.
![]() | |
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario