luns, 3 de xuño de 2019

Noticia inventada 2: Javi Gómez Noya ten que deixar o triatlón

Deportes

Javi Gómez Noya deixa o triatlón de forma definitiva

Javier Gómez Noya ten que deixar o deporte por prescripción médica


Javier Gómez Noya, triatleta de elite galego, campión olímpico en 2016 e campión do mundo en 2010, 2014 e en 2018, deixa definitivamente o deporte tras ser diagnosticado dunha grave lesión cardíaca.

Onte Javier Gómez Noyaparticipou en Baiona no triatlón galego clasificatorio para o triatlón de España, onde participaban 341 triatletas, e esperábase que Javier acadase un novo record mundial.

Fixo unha saída fenomenal da auga, unha primeira transición perfecta; na segunda transición de bicicleta a carreira a pé ninguén advertiu o que ía ocorrer dez minutos máis tarde. Transcorridos dez minutos dende o comezo da carreira, Javier Gómez Noya desplomouse e perdeu o coñecemento.

A organización foi moi rápida, tras unha avaliación inicial do 061, Javier Gómez Noya foi trasladado en helicóptero ao Hospital Xeral de Vigo. Alí un equipo médico esperaba ao helicóptero para intervir ao deportista.

Despois dunha longa intervención e de duras probas, o informe médico revela que o deportista padece unha lesión cardíaca irreversible, polo que debe deixar o deporte.

Imaxe da wikipedia / Javier Gómez Noya antes de competir en Baiona

Noticia de: Leo Rial Sieira, A Pobra do Caramiñal, 19:42


domingo, 2 de xuño de 2019

O meu primeiro acuatlón

Onte foi o meu primeiro acuatlón, tivo lugar na Cidade de Lugo. Nadamos no río Miño e aínda que a auga estaba un pouco fría, agradecíase porque facía moito calor, nin máis nin menos que 30ºC.

Para os que non saibades o que é un acuatlón, decirvos que consiste en nadar en río ou mar e logo carreira a pé. Na miña categoría, infantil, nadamos 400mts e corremos 2km.

Estou satisfeito co meu traballo, primeira vez que nado en río, e nada menos que nadar no Miño, que gusto. Houbo unha parte na que me puxen moi nervioso porque non me entraban os zapatos, pero conseguín poñelos e adiantei algúns postos.

Algo que aprendín no día de onte, e que vos deixo de consello. As cousas hainas que facer con calma e seguridade, as presas so levan a que nos poñamos nerviosos e que non nos saian as cousas. Por iso na próxima competición, na transición de auga a carreira a pé, tomarei aire e poñerei o calzado sen presa pero sen pausa e así seguro que non perdo tantos postos e terei opción na carreira.

Boa tarde a todos.

Resultado de imaxes para acuatlón CIDADE DE LUGO

clasificación