sábado, 25 de maio de 2019

Unha tarde moi especial


Bo día, hoxe é un día moi especial para min porque se celebra a última xornada de liga de natación, e vaise celebrar na casa, na piscina de Ribeira.
Igual vos preguntades por qué é especial, é especial porque ao ser na casa poderan ir a verme competir amigos e familiares, e isto sempre che dá máis motivación.Os que queirades ir verme (a min e aos meus compañeiros, por suposto) podedes ir á Fieiteira a partir das cinco


Resultado de imaxes para A fieiteira
A fieiteira

venres, 24 de maio de 2019

Final Galega de duatlón

Boa tarde a todos.
Hoxe vouvos falar da Final Galega de duatlón, porque como xa saberedes, moitos dos meus amigos e compañeiros clasificaron para ir.
Son estes:

Benxamíns

Marta Muñiz
Emma Sanisidro
Mateo Crujeiras
Jesús Patiño
Jorje Salgado
Diego Castro


Alevíns


María Muñiz
María López


Infantís


Alexandra Pena




clasificacións

Parabén a todas e todos.




Nesta final, proclamouse campión galego de duatlón o meu compañeiro Mateo Crujeiras. E por grupos, proclamouse campión galego de duatlón na categoría Benxamín o Club Natación Riveira.

Noticia inventada: Trofeo de natación na Cidade de Lugo

Deportes

Celébrase o "XXVIII Trofeo de natación da Cidade de Lugo"



O día 18 de Abril mais de 300 competidores foron competir a Lugo na 28 edición do Trofeo da Cidade de Lugo. Neste campionato todos os competidores e competidoras foron os gañadores de éxitos persoais.


Resultado de imaxes para trofeo ciudad de lugo natacion
Imaxe de Leo Rial Sieira / Nadadores saltando para competir nos douscentos metros bolboreta masculino  



O pasado día 18 de abril citáronse na cidade de Lugo 17 clubs da nosa comunidade, e dous clubs asturianos asistiron como convidados. Competían os mellores nadadores de cada club, participando cada un deles en tres probas. A xornada foi longa e dura, durando todo o día.

Esta competición, é a antesala do Campionato Galego, aquí os nadadores intentan mellorar as súas mellores marcas mínimas persoais, tamén poden ver as marcas dos seus rivais e así poder melloralas de cara o Campionato Galego.

As probas repartíronse en dúas sesións de igual duración, a de mañá e a de tarde. A sesión  da mañá durou catro horas e se realizaron as probas de bolboreta e as de costas. E na sesión da tarde, que tamén durou catro horas, finalizou cas probas de braza e crol.



A destacar polos seus resultados, o Club Fluvial de Lugo, que obtivo o terceiro posto por clubs, destacando á nadadora María González que acadou tres ouros; o Club Galaico, que obtivo un segundo posto destacando a Fran Ouviña que acadou tres metais dourados; e o Club Náutico de Narón, que obtivo unha merecida vitoria, acadando o primeiro posto; destacando ao nadador Leo Fungicio con tres ouros, e á nadadora Antía López que acadou dous ouros e unha prata.

O resto de clubs saíron contentos cos seus esultados e satisfeitos coa organización da competición levada a cabo polo Club Fluvial de Lugo.
Resultado de imaxes para trofeo CIDADE DE LUGO DE NATACIÓN
Nootaicia de: Leo Rial Sieira, A Pobr do Caramiñal, 20:00